Vídeos, artigos, imaxes e...moita ciencia! empregadas polo frofesor Xacobo de Toro na materia Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º de BAC. Contacta co profe: xacobodetoro@edu.xunta.es
jueves, 31 de enero de 2008
Tema 7. Exercicios resoltos.
miércoles, 30 de enero de 2008
Tema 7.SELECCIÓN DE VÍDEOS
Este primeiro que vos deico aquí é sobre as correntes termohalinas:
Este tamén é sobre as correntes termohalinas e sacado do vídeo de Al Gore "Unha verdade inconfesable". Moi recomendable tanto este corte de 5 minutos como a peli enteira que vos deixo xusto embaixo.
Este vídeo nos presenta o estudo das capas da atmosfera, dende a visión dun dos primeiros investigadores en acceder as capas altas da atmosfera Joe Kittinger un coronel do exército norteamericano: O vídeo é do Discovery Channel. A verdade é que o que fixo foi unha proeza.
Este vídeo da BBC que está bastante ben, fálanos sobre a ciencia das tormentas e fai unha simulación de como se forman e que riscos implica, o cal é bo para ilustrarnos tamén a teoría do tema 6:
Este vídeo trata sobre as consecuencias futuras do quentamento global. Chámase "2050, demasiado tarde":
PENSO QUE CON ESTO, TEDES MÁIS QUE SUFICIENTE, AÍNDA TEÑO MÁIS VÍDEOS LOCALIZADOS E SUBIDOS A INTERNET, SE ALGUEN QUERE MÁIS QUE SE POÑA EN CONTACTO CONMIGO QUE LLE MANDO OS LINKS PARA PODER VELOS.
jueves, 15 de noviembre de 2007
Fenómeno de El niño
En climatoloxía denomínase “El Niño” a un fenómeno climático, cíclico e errático, que consiste nun cambio nos patróns de movementos das masas de aire provocando, en consecuencia, un retardo no movemento das correntes mariñas "normais", desencadeando o quecemento das augas suramericanas; o cal orixina estragos a escala mundial, afectando a América do Sur, Indonesia e Australia.
As augas da Corrente Peruana ou Corrente de Humboldt, que corre de sur a norte a costa peruana, quentase algún anos durante a época das festas do Nadal e os cardúmenes ou bancos de peixes fuxían cara ao sur, debido a unha corrente quente procedente do Golfo de Guayaquil (Ecuador). Os pescadores da rexión déronelle a este fenómeno o nome de Corrente do Neno, polo do neno Jesús. O nome científico do fenómeno é Oscilación do Sur O Neno e é un fenómeno con máis de 11.000 anos de historia climática.

En Condicións Neutrais, os ventos Alisios (que sopran deste a oeste) apilan unha gran cantidade de auga e calor na parte occidental do Océano Pacífico. Como resultado disto, a superficie do mar é aproximadamente 5 dm máis alta e 8º C máis quente en Indonesia que fronte ás costas do Perú e Ecuador.
As temperaturas "frías" preséntanse en América do Sur porque ascenden as augas profundas e producen un auga rica en nutrientes e mantén a riqueza do ecosistema mariño.
Durante “el niño” os ventos alisios debilítanse ou deixan de soprar, a máxima temperatura mariña desprázase cara á Corrente de Perú, que é relativamente fría, e a mínima temperatura mariña desprázase cara ao Sueste Asiático. Isto provoca o aumento da presión atmosférica no sueste asiático e a diminución en América do Sur. Todo este cambio ocorre nun intervalo de seis meses, que representa aproximadamente desde xuño a novembro é moi forte con alteracións no clima.
As consecuencias :
En América do Sur :
Choivas intensas.
Diminución da intensidade da Corrente de Humboldt (A que percorre de S a N a costa peruana).
Perdas pesqueiras en certas especies e incremento noutras.
Intensa formación de nubes xeradas na Zona de Converxencia Intertropical.
Períodos moi húmidos.
Baixa presión atmosférica.
No sueste de Asia
En determinadas rexións aleatorias (descoñecidas) do sueste asiático provoca:
Choivas escasas.
Arrefriado do océano.
Baixa formación de nubes.
Períodos moi secos.
Alta presión atmosférica.
No Mundo
Consecuencias globais:
Cambio de circulación atmosférica.
Cambio da temperatura oceánica.
Tradúcese en:
Perda económica en actividades primarias (gandería, agricultura, silvicultura..).
Perdas de fogares.
Aféctanos a nós?: A finais do 2006 en cantábrico oriental houbo escasas precipitacións
Durante "la Niña" (efecto contrario al niño) as zonas relativamente húmidas e chuviosas localízanse ao sueste asiático, mentres que en América do Sur é relativamente seco.